Chega a "Bande Fashion Week"

A arte da moda agroma entre os alumnos do IES Aquis Querquernis


Alumnado no obradoiro de deseño
Unha vez máis, os alumn@s do I.E.S. Aquis Querquernis de Bande vólvennos sorprender cos seus creativos e innovadores traballos. Esta vez trátase dun proxecto exposto desde o Departamento de Educación Plástica e Visual que trata de enlazar a Arte coa Moda.
 
A idea do proxecto é ofrecer ao alumnado unha visión da relación existente entre Arte e Moda. Relación que se caracterizou ao longo da historia por unha razoable proximidade e distancia. Estas distancias entre ambos os dominios foron reducíndose especialmente nas dúas últimas décadas do século XX e principios do XXI, e o resultado é un campo no que a arte e a moda son indistinguibles e disolven un no outro as súas categorías.
 
Mergullados neste curioso proxecto atópanse un total de oito alumn@s de 4º de E.S.O. e unha alumna de 3º de E.S.O. O seu traballo consiste en realizar chapeus, tocados e vestidos empregando materiais de reciclaxe como papeis de xornal, plásticos, cartóns, CDS, esponxas... entre moitos outros, que ensamblados e combinados con diversas cores e formas xeran uns atractivos e peculiares deseños. Algúns deles inspirados en vestimentas dalgunhas celebrities ou grandes deseñadores.
 
O proxecto culminará cun desfile que terá lugar o 15 de abril ás 19:30 horas na Casa do Concello de Bande, onde se exhibirán un total de 18 deseños. Despois do desfile, os deseños permanecerán expostos na Casa do Concello durante unha semana onde o visitante poderá observar o enxeño, creatividade e traballo dos alumn@s de Educación Plástica e Visual do I.E.S. Aquis Querquernis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario